Atopan a un home falecido nunha zona de rocas na rampla de Ancados, en Boiro

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/07/2022 | Actualizada ás 16:19

Comparte esta noticia

Os servizos de emerxencia atoparon este domingo o corpo sen vida dun home nunha zona rochosa na rampla da praia de Ancados, no municipio coruñés de Boiro.

Segundo informou o 112 Galicia, foi un familiar do falecido quen contactou coa central de emerxencias ao fío das 09,00 horas para alertar de que atopara ao home nunha zona de rocas.

Ao parecer, desde a mañá deste domingo descoñecían o seu paradoiro e saíran a buscalo.

Ata o lugar acudiron os Bombeiros de Boiro, a Garda Civil e os servizos sanitarios, que tan só puideron confirmar o falecemento do home. Agora, as forzas da orde tratan de esclarecer as circunstancias do suceso.

Investigación da Garda Civil en Boiro e.. GARDA CIVIL
Investigación da Garda Civil en Boiro e.. GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta