Morre Cristina Mariño, directora de Marca de Roberto Verino e filla do deseñador ourensán

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/07/2022 | Actualizada ás 20:38

Comparte esta noticia

Cristina Mariño, directora de Marca de Roberto Verino e filla do deseñador ourensán e fundador da firma homónima, faleceu este domingo aos 52 anos.

Segundo destacou a propia marca, "que lamenta enormemente o falecemento", Cristina Mariño desenvolveu a súa carreira profesional na ao longo dos últimos 25 anos.

O pasado ano convertíase na directora de Marca, algo que moitos chegaron a interpretar como un paso atrás do seu pai, pero que el mesmo se encargou de desmentir. Hai poucos meses, Roberto Verino ingresaba oficialmente na Real Academia Galega de Belas Artes de Galicia.

"Nestes difíciles momentos, a dirección da compañía roga o máximo respecto en nome da familia", conclúe a firma o comunicado.

Cristina Mariño, filla de Roberto Verino e directora de Marca da firma, e o seu pai, deseñador e fundador da firma homónima. ROBERTO VERINO
Cristina Mariño, filla de Roberto Verino e directora de Marca da firma, e o seu pai, deseñador e fundador da firma homónima. ROBERTO VERINO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta