As ameazas de Yolanda Castaño pechan os ‘Aduaneiros sem Fronteiras’

A publicación de referencia no humor gráfico da internet galega, os ‘Aduaneiros sem Fronteiras’, pechou hoxe. A razón, as ameazas legais lanzadas pola poetisa e comunicadora Yolanda Castaño. Os ‘Aduaneiros sen Fronteiras’ publicaran unha animación na que os internautas podían vestir e desvestir a Castaño.

Por Galicia Confidencial | Galicia | 16/10/2007 | Actualizada ás 21:23

Comparte esta noticia

Os Aduaneiros recibiron unha carta do avogado de Castaño na que ameaza cunha "demanda xudicial por delitos de inxurias con publicidade". Os humoristas decidiron pechar a popular páxina "mentres o noso lexítimo dereito á liberdade de expresión non se vexa a salvo de coaccións xudiciais fóra de lugar".

Dáse a circunstancia que Yolanda Castaño ten colaborado con moitos medios de comunicación, entre eles La Voz de Galicia, A Nosa Terra, El Progreso, Diario de Pontevedra, El Ideal Gallego, El Mundo e Galicia Hoxe. Na actualidade é responsábel da tenda do Grupo Sargadelos na Coruña.

En todo caso, as novos chistes gráficos duns dos autores dos Aduaneiros, Berto Yañez, seguen en liña na súa web Ber.to.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 42 comentarios

32 kike ardike

A min faime unha graza esa mulleriña patética. No meu instituto leu un texto que dicía algo así como que os peixes débiles van coa corrente e os fortes están sós. Parece que quixer mostrarse sempre como damnificada, cando ata hai ben pouco ninguén a criticaba. Máis ben parece bastante considerada e protexida.

A min paréceme como a mimada de catro rancios que viron nela a continuación da súa poética trasnoitada e nola queren meter como a poeta modernísisisma. Quere todo isto dicir que ela vai de peixe forte que está soa pero, pola súa traxectoria, máis parece un peixiño débil que segue as correntes e así está, sempre en lugar seguro

Que non nola dan con queixo, que non!!!!

31 a

Ese comentario das cellas si que é sexista, non si? Se o fixera Suso de Bull... Bufff

30 o das cellas de Marta Rivera de la Cruz

O DAS CELLAS: AQUI APARECE:
http://www.vieiros.com/nova/56820/l...

29 a

Paréceme moi ben que defendas a Yolanda, pero non coincido co da censura previa. De feito eso sería un rasgo totalitario e mesmo unha aldraxe a nosa liberdade. Por outra banda non vexo este escarnio sexista por ningún sitio. Esa visión que tes paréceme profundamente victimista (e falsa).

28 xan barín

mandacaracio, e o resto do mundo mundial que non somos yolendi (ñaba ,Estopa's dixit)a fodernos sen Aduaneiros polo seu malxenio.
arrepíntete pecadora!, os soberbios aínda paran uns anos no purgatorio!