Unhas gallas evitan que un conductor acabara estampado nas vías do tren en Miño tras caer por un desnivel

O ocupante recibiu asistencia médica no lugar, pero non tivo que ser trasladado.

Por Europa Press / Redacción | Miño | 01/08/2022 | Actualizada ás 10:32

Comparte esta noticia

Un vehículo que sufriu unha saída de vía e caeu por un desnivel quedou suxeito por unhas ramas que evitaron que caese ás vías do tren en Miño¡. O ocupante abandonouno coa axuda dos bombeiros e recibiu asistencia médica no lugar do accidente, pero non foi necesario o seu traslado.

Segundo informa o 112, o coche quedou nunha situación de inestabilidade e unhas gallas impediron a súa caída ás vías, pero efectivos do parque comarcal de bombeiros de Betanzos interviñeron para asegurar o turismo e facilitar a saída do ocupante.

Os feitos producíronse preto das 20,00 horas deste domingo, cando este vehículo se saíu da vía nunha pista paralela á estrada Miño-Perbes, e caeu por un desnivel con desembocadura na vía férrea con circulación. De feito, cando os xestores do 112 Galicia informaron o centro de seguridade de Renfe, aseguraron que ningún maquinista percibira nada. O vehículo quedou colgado pola vexetación e iso evitou a súa caída definitiva.

Arquivo - Vías de tren de Adif. ADIF - Arquivo
Arquivo - Vías de tren de Adif. ADIF - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta