Rueda insiste en que "mentres haxa incendios", os recursos existentes serán para "apagar" máis que para previr

Insiste en que "todo indica" que os últimos incendios en Galicia son provocados.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/08/2022 | Actualizada ás 13:20

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, insistiu en que "todo indica" que os últimos incendios que afectaron a Galicia son provocados, tanto polas "horas" como polos "focos".

A preguntas da prensa este luns, Rueda sinalou que os lumes de mediados de xullo no Courel e Valdeorras foron "distintos", causados por raios. "Por desgraza, volvemos á práctica habitual de incendios provocados", asegura.

O pasado domingo, o titular do Goberno galego xa apuntou á intencionalidade dos incendios rexistrados en Arbo e A Cañiza. Así, sinala que se avanza na investigación dos lumes, de forma que se "podería estar preto dos autores", aínda que "non se sabe se van acabar mal ou ben estas pescudas", aínda que incide en que "todo indica que foron provocados".

PREVENCIÓN

A preguntas sobre unha entrevista concedida á SER da fiscal delegada de Medio Ambiente en Galicia, Carmen Eiró, na que reclama cambios no política contraincendios, Rueda afirmou que "hai que seguir perseverando na prevención".

Así mesmo, remarca que se dedicaron 33 millóns de euros a tarefas de prevención, 59.000 hectáreas limpadas, 6.000 quilómetros de pistas rozadas, "datos que falan de que se fai un esforzo importante cando non hai lumes".

Deste xeito, sinala que "oxalá" se poidan diminuír os recursos destinados a extinción para dedicar máis a prevención, "querería dicir que as cousas van por bo camiño", pero mentres existan lumes todo o mundo entende que hai que ter un dispositivo potente para poder apagalos".

Respecto diso, Rueda valora que o dispositivo de extinción é "potentísimo", "o máis preparado de toda España", tanto en medios dispoñibles como persoal. No entanto, apunta que "non é só tarefa da Xunta", "nin sequera é só tarefa das administracións", "os propietarios particulares tamén teñen que ser conscientes que é unha tarefa de todos".

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda. DAVID CABEZÓN @ XUNTA DE GALICI
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda. DAVID CABEZÓN @ XUNTA DE GALICI | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta