Conta atrás para o Festival de Pardiñas

Presentado cartel e a programación comézase xa a traballar no acondicionamento do recinto festivo e a ultimar detalles doutras actividades paralelas. Os días grandes serán o 6 e o 7 de agosto.

Por Galicia Confidencial | Guitiriz | 02/08/2022 | Actualizada ás 11:58

Comparte esta noticia

O creador do cartel anunciador, e do debuxo que lucirá nas camisolas do Festival de Pardiñas deste ano, foi o ilustrador Cristian F. Caruncho, festivaleiro e artesán que tamén terá un posto na Mostra de Artesanía. Segundo explicaba o autor, o debuxo deste ano “recolle a intexeracionalidade, as músicas e a artesanía que enchen Pardiñas durante o Festival”.

Festival de Pardiñas. Foto: Xosé A. Arias
Festival de Pardiñas. Foto: Xosé A. Arias

Vovendo á normalidade, a Mostra de Instrumentos de Música Tradicional recuperará o seu lugar tradicional no festival, abandonando o espazo provisional destes dous últimos anos –de formato festeiro reducido-- que se realizaba no Recinto da Feira de Parga. A mostra chega este ano á súa 29ª edición e terá lugar na fin de semana, os días 6 e 7 de agosto. Estes días terá lugar tamén o groso da programación con concertos de grupos chegados de Galiza preferentemente, pero tamén algúns de Euskadi, Escocia e Madrid.

CANTOS DE TABERNA e CARREIRA POPULAR

A VIII edición dos Cantos de Taberna, que ten lugar na vila de Guitiriz, está programada para este venres, 5 de agosto, con previsión de comezo ás 20:00 h. Nese momento farase a recepción dos grupos, no Campo da Feira da localidade, para a continuación percorrer os bares participantes deste ano: Losada, Cisne, Tiki Tiki, Xoldra, Flamingo, Soa, Mexioada Cullo vello, Nistral, o Korreo, Zeus, Titanic, Gaibor e Bolero.

Ao día seguinte, 6 de agosto, terá lugar a senlleira Carreira Popular de Pardiñas que chega este ano á súa XLIII edición.

Cartel Pardiñas 2022. Autor: Cristian F. Caruncho
Cartel Pardiñas 2022. Autor: Cristian F. Caruncho

A saída será ás 19:00 h., ao carón do Bar Rúa de Pardiñas, e cun percorrido de 5 quilómetros para os maiores e 700 metros para os pequenos.A organización informa que a inscrición farase a partir das 18:30 h. no punto de saída e haberá en Guitiriz duchas habilitadas para os e as participantes.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta