Os xoieiros de Galicia piden máis medios para frear "a praga de roubos"

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/08/2022 | Actualizada ás 19:01

Comparte esta noticia

A Federación Galega de Xoieiros, Prateiros e Reloxeiros pediu ao Goberno máis medios para frear "a praga de roubos" que aseguran sofren os establecementos do sector en Galicia.

Nun comunicado, trasladou aos ministerios de Interior e de Xustiza a súa preocupación e esixen ao Executivo central que dote de medios á xustiza para que actúe de forma "áxil, inmediata e eficaz" ante estes delitos. Así mesmo, engadiu que deben impulsar medidas lexislativas que lles garantan poder desenvolver a súa actividade con normalidade.

Ademais, cualificou de "lamentable e inexplicable" que un delincuente "reincidente e en busca e captura" fose posto en liberdade, en referencia ao sucedido en Santiago a finais do mes de xullo cando se rexistrou un atraco no que o presunto ladrón, a plena luz do día, arroxou gas pementa ao persoal do establecemento.

Ao parecer, este mesmo atracador xa actuara con anterioridade e co mesmo 'modus operandi' nas localidades coruñesas de Ordes e Santa Comba.

Detida por subtraer xoias nas vivendas onde traballaba.. GARDA CIVIL
Detida por subtraer xoias nas vivendas onde traballaba.. GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta