Estabilizado o incendio forestal que calcinou seis hectáreas no barrio coruñés de Elviña

O Castro de Elviña "non está en perigo", segundo a alcaldesa.

Por Europa Press / Redacción | A Coruña | 04/08/2022 | Actualizada ás 12:50

Comparte esta noticia

O incendio forestal iniciado este mércores ás 19,41 horas no barrio de Elviña, unha das zonas rurais do Concello da Coruña, quedou estabilizado ás 01,27 horas da madrugada deste xoves tras queimar 6,06 hectáreas, segundo informaron fontes da Consellería do Medio Rural.

Incendio forestal no barrio de Elviña da Coruña
Incendio forestal no barrio de Elviña da Coruña | Fonte: Europa Press.

"Os efectivos están a facer lumes técnicos, contrafogos, para acabar de pechalo", detallaron as fontes, ademais de "refrescar a zona" para que "non haxa reproducións".

Pola súa banda, a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, asegurou que o Castro de Elviña "non está en perigo" así como "ningunha zona habitada".

As primeiras estimacións provisionais apuntan a que das 6,06 hectáreas calcinadas, 3,56 corresponden a monte raso e 2,5, a zona arborada.

No control deste incendio traballaron un técnico, sete axentes, 12 brigadas, 10 motobombas e un helicóptero.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta