O robot 'do país' que unha universidade de Holanda compra ao por maior

'Robobo' trunfa na Vrije Universiteit tras ser desenvolto por unha tecnolóxica vencellada á UdC.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/08/2022 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Un robot 'do país' conquista a universidade Vrije Amsterdam de Holanda. Trátase de Robobo, un pequeno dispositivo que que combina unha basee robótica móbil cun smartphone para, en palabras dos seus responsables, "crear a próxima xeración de robot educativo". En particular, defíneno como unha ferramenta "óptima para" comezar a aprendizaxe en robótica intelixente,

Robobo
Robobo | Fonte: Mint

 

Robobo foi creado no seo de Mint Lab, un proxecto tecnolóxico de MINT SL --que á súa vez está vencellado á Universidade da Coruña-- centrado na industria intelixente. O que primeiro chama a atención de Robobo é a facilidade coa que un pode comezar a ampliar os seus coñecementos de robótica botando mal del.

 

"Para aprender robótica intelixente con Robobo precísanse tres elementos: unha base Robobo, un smartphone e un computador. Unha vez descargada a aplicación gratuíta, a base enlázase co smartphone a través de bluetooth, e pode empezar a programarse o robot desde o computador a través de wifi", explican os creadores.

 

"Esta é a razón pola que Robobo foi 'adoptado' xa por institucións educativas de diferente índole, desde universidades a CEIPs", explica Fran Bellas, un dos directores de Mint Lab, "pero parece gañar un espazo especial no corazón da Vrije Universiteit Amsterdam de Holanda". Esta universidade, un dos centros educativos máis relevantes e recoñecidos de Europa, que comezou a traballar con Robobo hai xa anos anos, decidiu incorporar un importante número de novas unidades ao seu stock, converténdose nunha das grandes valedoras desta invención, con orixe en Galicia.

 

A Vrije Universiteit utiliza Robobo como ferramenta educativa básica para a materia de máster “Learning Machines”, unha das súas principais formacións. A parte educativa do Proxecto Robobo estruturouse tamén en tres niveles. Un nivel básico orientado aos cursos de iniciación en robótica intelixente utilizando programación baseada en bloques, un nivel intermedio para estudantes con experiencia en robótica que requiren comezar con programación baseada en texto e, finalmente, un nivel avanzado para estudantes de informática, enxeñería ou robótica que queiran usar Robobo polas características tecnolóxicas que proporciona a baixo custo.

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta