Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/08/2022 | Actualizada ás 19:43
Os préstamos hipotecarios para comprar unha vivenda aumentan máis dun 9% en Galicia con respecto ao mes de xullo do ano 2021, segundo datos do Centro de Información de Estatística do Notariado (CEN) que difunde o Consello Xeral do Notariado.
Nun comunicado difundido polo Consello, constátase que o prezo do metro cadrado aumentou un 13,2%, e as compravendas de vivendas creceron un 5,2% en Galicia con respecto ao mesmo período do ano pasado.
No que se refire ao prezo da vivenda, aumentou o 13,2%, situando así, á comunidade galega, como a cuarta que sufriu un maior incremento do metro cadrado.
Así, destácase que en Galicia o prezo medio -- do metro cadrado-- en xuño chega aos 1.068 euros por metro cadrado. Esta cifra depende do tipo da vivenda: os pisos 1.381 euros e as vivendas unifamiliares 749 euros, ambos por metro cadrado.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.