Soben lixeiramente os casos covid tras días de descenso

O número de falecidos desde o inicio da pandemia ascende a 3.843

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/08/2022 | Actualizada ás 12:28

Comparte esta noticia

Os casos activos por Covid-19 rexistran un lixeiro aumento ata situarse en 3.166, 45 máis que na xornada anterior, de acordo co último parte da Consellería de Sanidade, con datos actualizados ás 18,00 horas do mércores, día 4.

Nas últimas horas, rexistráronse 205 novos contaxios cun total de 671.190 desde o inicio da pandemia. En canto ás persoas curadas, ascenden desde entón a 664.288 persoas.

O número de ingresados nos hospitais galegos por Covid-19 sitúase en 307, 22 menos que na última xornada, dos que 295 están en planta e o resto, 12, na Unidade de Coidados Intensivos (UCI). Ademais, hai 2.859 pacientes en seguimento nos seus domicilios.

O de falecidos desde o inicio da pandemia ascende a 3.843. Este venres, Sanidade notificou novos falecementos correspondentes aos días 2, o dunha muller de 84 anos na área sanitaria de Vigo, aos que se suman outro tres, tamén mulleres, na xornada do día 3 de agosto.

Trátase dunha muller de 80 anos na área sanitaria de Santiago e Barbanza; outra de 89 anos na de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, e outra de 92 anos, na de Ourense-Verín-O Barco de Valdeorras.

CASOS ACTIVOS

No que respecta aos casos activos, aumentan en todas as áreas sanitarias, excepto na de Ourense e na de Ferrol. Na da Coruña-Cee, son 693 infeccións -- 13 máis--; na de Lugo, 370 -- sete máis-- e na de Pontevedra-O Salnés, 342 --20 máis--.

En Santiago-Barbanza, o número de infeccións sitúase en 514 --nove máis-- e na de Vigo en 454, dez máis. Pola contra, descenden en Ourense-Verín-O Barco de Valdeorras, con once menos, ata situarse en 500, e na área sanitaria de Ferrol, con 277, unha menos respecto da xornada anterior.

Cidadáns nunha zona de copas a 11 de febreiro de 2022, na Coruña. M. Dylan - Europa Press / Europa Press / Europa Press
Cidadáns nunha zona de copas a 11 de febreiro de 2022, na Coruña. M. Dylan - Europa Press / Europa Press / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta