O PP coruñés tirará dos mozos de Novas Xeracións para facer campaña nas municipais

O presidente do PP da Coruña di que os mozos que estudan na Coruña non poden traballar ou vivir nesta cidade.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 05/08/2022 | Actualizada ás 14:18

Comparte esta noticia

Os mozos terán un papel destacado na lista que o Partido Popular da Coruña presentará ás eleccións municipais de 2023. Así o anunciou o presidente do PP local, Miguel Lorenzo, antes dunha reunión mantida este venres con membros de Novas Xeracións da cidade herculina. Á cita acudiu tamén a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado.

"As súas achegas son necesarias para buscar solucións aos problemas que teñen", explicou Lorenzo, quen insistiu na "falta de oportunidades" da mocidade na Coruña. "Imos incidir moito en que estes mozos que formamos na Universidade da Coruña teñan a posibilidade de atopar traballo na nosa cidade e, sobre todo, de atopar vivenda", puntualizou.

TAXA DE PARO

Lorenzo lembrou que España é "xunto con Francia", o país onde hai "máis parados menores de 25 anos"; "un de cada catro", sinalou. "Non podemos perder o talento que ten a xente nova", lamentou.

Paula Prado, pola súa banda, insistiu en que o compromiso que asumiu Lorenzo coa mocidade adquiriuno tamén o PPdeG. "É a fórmula para que as súas propostas sexan realidade", apostilou.

O presidente do PP local, Miguel Lorenzo, e a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, con membros de Novas Xeracións na Coruña
O presidente do PP local, Miguel Lorenzo, e a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, con membros de Novas Xeracións na Coruña | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta