O PPdeG esixe ao Goberno central que cumpra os compromisos cos trens Avril: "Galicia non merece esa desconexión"

O delegado do Goberno remítese á existencia dunha "problemática no cumprimento dun contrato".

Por E.P. | Santiago de Compostela | 05/08/2022 | Actualizada ás 16:09

Comparte esta noticia

A secretaria xeral do PP de Galicia, Paula Prado, esixiu ao Goberno central que cumpra os compromisos cos trens Avril. "Galicia non merece esa desconexión", lamentou.

Tren
Tren | Fonte: Europa Press

A chegada da alta velocidade estaba prevista para este verán e "Sánchez está a castigar a Galicia e castiga á Coruña", recriminou.

"Parece ser que non van chegar nin sequera en abril", puntualizou, en declaracións feitas este venres antes de reunirse con Novas Xeracións do PP da Coruña.

Pola súa banda, o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, preguntado polo atraso da chegada dos trens Avril a Galicia, remitiuse á existencia dunha "problemática no cumprimento dun contrato".

"Talgo ten un compromiso que ten que cumprir e, polo momento, non o está cumprindo", admitiu Miñones, quen asegurou que se están estudando agora por parte do Ministerio de Transportes "as diferentes medidas" para conseguir que estes trens estean "canto antes".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta