O Trofeo Teresa Herrera recadará fondos para familias ucraínas

Enfrontará o Real Club Deportivo co ucraíno Metalist.

Por Europa Press / Redacción | A Coruña | 05/08/2022 | Actualizada ás 18:03

Comparte esta noticia

O Trofeo Teresa Herrera, que enfrontará ao Real Club Deportivo e ao equipo ucraíno Metalist, recadará fondos para familias ucraínas refuxiadas en Kharkiv. Así o informou a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, na presentación, no Palacio Municipal de María Pita, da 77 edición masculina e décima feminina do Teresa Herrera.

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, preside a presentación do Trofeo Teresa Herrera
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, preside a presentación do Trofeo Teresa Herrera | Fonte: Andy Pérez - Concello da Coruña.

"Un dos trofeos con máis raíz na nosa cidade que, verán a verán, achéganos ao fútbol desde unha perspectiva menos competitiva e máis amigable pondo o valor o xogo e a deportividade", salientou.

Na presentación, estivo acompañada do presidente do Real Club Deportivo,Antonio Couceiro, quen concretou os detalles sobre o evento futbolístico que terá lugar o vindeiro sábado 13 de agosto no estadio de Riazor.

Este ano o Teresa Herrera acollerá dous equipos estranxeiros que xogarán contra o Real Club Deportivo e o Dépor Abanca. O club FC Famalicão, procedente de Portugal, competirá contra o Dépor Abanca, ás 18,00 horas. O Real Club Deportivo xogará o amigable contra o Club Metalist Kharkiv, de Ucraína, ás 20,30 horas, no estadio de Riazor.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta