Feijóo elude responsabilidades pola xestión do monte e descarga o peso dos incendios nos pirómanos

O líder do Partido Popular evita a autocrítica ante a vaga de incendios que calcina os montes galegos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/08/2022 | Actualizada ás 17:15

Comparte esta noticia

O líder do Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo, esixiu este sábado que caia "todo o peso da Lei" sobre os responsables dos incendios posto que nunha gran porcentaxe son intencionados. "Todo o peso da Lei debe caer sobre os responsables dos incendios, que nunha gran porcentaxe son intencionados", escribiu nunha mensaxe na rede social Twitter que acompañou de varias publicacións sobre a orixe do incendio de Verín.

O expresidente da Xunta de Galicia fixo un chamamento á cidadanía porque é "imprescindible" a súa colaboración para esclarecer estes ataques ao patrimonio natural, "que pon en perigo vidas". O da localidade galega trátase dun incendio declarado á primeira hora da tarde do mércores e do que as autoridades non dubidan da súa intencionalidade, tal e como demostra que se iniciou nunha decena de focos diferentes.

O presidente do Partido Popular (PP), Alberto Núñez Feijóo, intervén durante o XIV congreso do Partido Popular catalán, a 23 de xullo de 2022, en Barcelona, Cataluña (España).. Kike Recuncho - Europa Press
O presidente do Partido Popular (PP), Alberto Núñez Feijóo, intervén durante o XIV congreso do Partido Popular catalán, a 23 de xullo de 2022, en Barcelona, Cataluña (España).. Kike Recuncho - Europa Press | Fonte: Europa Press

O agora presidente estatal do PP esquiva de novo a responsabilidade pola vaga de incendios a pesar de que foi durante os seus mandatos cando se levaron moitas das prácticas denunciadas como irresponsables por parte dos bombeiros forestais. En particular, este colectivo demandou durante anos unha cobertura de traballo maior ao longo do ano, circunstancia ante a cal a Xunta fixo oídos xordos ata que Rueda propuxo exactamente o mesmo. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta