Extinguido un incendio aparentemente intencionado en Betanzos

O Garda Civil xa ten "indicios" de quen foi o autor dos feitos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/08/2022 | Actualizada ás 17:24

Comparte esta noticia

O incendio que se declaraba este domingo no concello coruñés de Betanzos, na parroquia de Requián, xa foi extinguido. O lume, segundo afirma o Concello, podería ser provocado.

Consultado por Europa Press, Medio Rural confirmou que o incendio se orixinou pasadas as 13,00 horas, foi controlado ao redor das 14,30 horas, e quedou definitivamente extinguido ás 17,55 horas, calcinando algo menos dunha hectárea.

Á zona destinouse un axente, catro brigadas, unha motobomba e un helicóptero. Agora, efectivos de emerxencias traballan para arrefriar a zona. O fume provocado por este novo foco puido verse xa non só desde as aldeas próximas, tamén desde Betanzos. Segundo comunicou o Concello en redes sociais, o deste domingo súmase a outro iniciado o venres nun punto próximo, polo que "todo apunta a que foron intencionados".  O Goberno local condenou os feitos e apuntou que, grazas á cooperación cidadá, a Garda Civil "ten indicios da autoría dos feitos".

Lume en Requián visto dende Betanzos
Lume en Requián visto dende Betanzos | Fonte: Daniel Seixo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta