(Vídeo) No corazón do incendio de Caldas de Reis: "hai que escapar de aquí"

Un vídeo publicado en RRSS amosa como se vive un lume de grande magnitude dende dentro.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/08/2022 | Actualizada ás 18:35

Comparte esta noticia

Galicia segue ardendo. Con máis de 3.000 hectáreas calcinadas ao longo desta semana, o país segue afondando na que será recordada como a peor vaga de lumes dende que hai rexistro escrito, un horror aínda máis grande do lembrado nese anos 2017 en que as lapas tisnaron a contorna de Vigo e en non poucas cidades cheiraba a queimado.

Vídeo tirado no corazón do lume de Caldas de Reis
Vídeo tirado no corazón do lume de Caldas de Reis | Fonte: Instagram: Savia nova

Nun contexto de repetición no que xorden lumes distintos a cada xornada, é sinxelo esquecer a dureza inherente ao traballo dos moitos bombeiros que día a día xogan a pel para frear o avance da combustión e poñer casas e persoas a salvo. Nas últimas horas vén de xurdir un vídeo publicado en RRSS que amosa unha tensa situación no corazón do lume: "hai que escapar de aquí".

O vídeo ambiéntase entre as chamas do Monte Xiabre, un dos cumios afectados polo lume que leva xa 450 hectáreas calcinadas na parroquia de Saiar, no municipio de Caldas de Reis, e que afecta tamén a Vilagarcía de Arousa. Na extinción colaboran seis técnicos, 16 axentes, 53 brigadas, 42 motobombas, cinco pas, dúas unidades técnicas de apoio, sete avións e 11 helicópteros. Se o vídeo non se reproduce no teu navegador, podes atopalo neste enlace.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta