Un total de 48 científicos postdoutorais incorpóranse ao sistema de investigación galego

Farano por un período de tres anos, ata 2025.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/08/2022 | Actualizada ás 20:31

Comparte esta noticia

Un total de 48 novos científicos incorporaranse ao sistema galego de investigación nas universidades galegas, así como a outros organismos e entidades de I+D+i por un período de tres anos, ata 2025. Tal e como lembra a Xunta nun comunicado, fano ao amparo da convocatoria de axudas á etapa de formación inicial postdoctoral.

Así o recolle o Diario Oficial de Galicia, que publicou dúas resolucións da Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación e da Consellería de Cultura, Educación,FP e Universidades, polas que se resolve a contratación de 40 investigadores postdoctorales por parte do tres universidades públicas: 22 na Universidade de Santiago de Compostela, 14 na de Vigo e catro na da Coruña.

Tamén de oito investigadores contratados para entidades e organismos de I+D+i. Neste caso, tres deles incorporaranse á Fundación Profesor Novoa Santos, dous á Fundación Centro Tecnolóxico da Carne, un ao Instituto de ciencias do Patrimonio (Incipit) do CSIC, un ao instituto de Investigacións Mariñas (tamén do CSIC) e outro á Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela.

Unha investigadora traballa nun laboratorio. UNIVERSIDADE DE VIGO
Unha investigadora traballa nun laboratorio. UNIVERSIDADE DE VIGO


Lembran que o Goberno galego destina á modalidade de apoio á etapa de formación postdoctoral un orzamento total de 7,4 millóns de euros, cunha subida do 7,2% da partida con respecto á última convocatoria deste tipo. Destacan ademais que os beneficiarios acceden a un contrato de investigador de tres anos de duración e cun salario bruto anual de 32.000 euros, "o que supón un incremento do 12% con respecto aos 28.600 euros da anterior convocatoria".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta