Ana Pontón traslada o apoio do BNG a Gustavo Petro, novo presidente de Colombia

Os nacionalistas galegos reforzan a colaboración con Colombia Humana, partido político de Petro.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 08/08/2022 | Actualizada ás 17:02

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, rematou a súa axenda internacional que a levou a Chile e a Colombia coa asistencia ao acto de investidura do presidente colombiano Gustavo Petro e da vicepresidenta Francia Márquez, a quen trasladou "todo o apoio do BNG" ante "un tempo novo que se abre no país" da man dun Goberno que "declara o seu firme propósito de servir á maioría social".

Ana Pontó e Ana Miranda, do BNG, na investidura do presidente colombiano Gustavo Petro e da vicepresidenta Francia Márquez
Ana Pontó e Ana Miranda, do BNG, na investidura do presidente colombiano Gustavo Petro e da vicepresidenta Francia Márquez | Fonte: BNG.

As nacionalistas aseguran que a investidura de Petro "será lembrada como un día histórico para Colombia", xa que "trae esperanza dunha vida mellor para unha maioría social".

"O mesmo acto de investidura, cunha celebración aberta a todo o pobo colombiano e non só a unha elite, foi tamén unha maneira simbólica de deixar claro o cambio histórico, o tempo novo de ilusión, de esperanza e de vida que se abre neste país. Foi unha honra representar o BNG nesta ocasión histórica, na que sente o cambio polo que o pobo colombiano leva tanto tempo loitando" destacou Ana Pontón.

Antes da xornada de investidura, Pontón, xunto coa responsable da área internacional do BNG, Ana Miranda, acudiu a varias reunións, entre elas un encontro con responsables de Colombia Humana, partido político que lidera Gustavo Petro, co que a formación nacionalista "reforzou lazos de colaboración".

Así mesmo, Pontón e Miranda mantiveron encontros con referentes políticos colombianos, como a deputada do Pacto Histórico, María José Pizarro, e con Luís Pérez Casas, maxistrado e experto en dereitos humanos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Semella que todos buscaban a mesma foto ? Poña un "negro" na súa vida ! Pero cando se trata de dar un paso adiante na interculturalidade na propia casa, as cousas son ben diferentes...? http://gamela00.blogspot.com/2020/1... Este proxecto agarda no caixón do BNG, do PSOE e do PPdG ! O resto de grupos políticos prefiren sacar fotos o día das minorías...