Agrupacións de Bolivia, Xeorxia, Guinea-Bissau e México participarán no Festival de Folclore da Coruña

Será do 10 ao 14 de agosto.

Por E.P. | A Coruña | 09/08/2022 | Actualizada ás 17:07

Comparte esta noticia

Agrupacións culturais de Bolivia, Xeorxia, Guinea-Bissau e México, xunto coa asociación de coros e danzas Eidos, participarán do 10 ao 14 de agosto no Festival Internacional de Folclore Cidade da Coruña, que este ano chega á súa 35 edición.

Festival Internacional de Folclore “Cidade da Coruña”
Festival Internacional de Folclore “Cidade da Coruña” | Fonte: www.cioff.es.

Segundo informa o consistorio, serán un total de 140 as persoas que integran os grupos participantes, que terán como obxectivo principal "achegar a cultura, a música, as roupas tradicionais e o folclore dos seus respectivos países", nun evento que se celebra desde 1987.

A gala inaugural do certame será o mércores, 10 de agosto, na praza de María Pita, ás 20,00 horas, coa presenza de todos os grupos e unha primeira actuación que correrá a cargo de Eidos, á que seguirán as das agrupacións de Bolivia, Guinea-Bissau, México e Xeorxia, por esta orde.

Os días 11 e 12 repetirase hora e escenario, mentres que o sábado e o domingo haberá, a partir das 19,00 horas, un desfile de todas as persoas participantes desde o Cantón ata a praza de María Pita para confluír, ás 20,00 horas, coa actuación dos grupos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta