O Hospital do Salnés reforza a seguridade fronte ás agresións a persoal sanitario

Houbo unha xuntanza coas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado para ampliar a colaboración.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 09/08/2022 | Actualizada ás 19:41

Comparte esta noticia

Os coordinadores sanitarios do distrito do Salnés e as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, mantiveron unha reunión no Hospital do Salnés para ampliar a dispoñibilidade e a colaboración conxunta neste verán. Fixérono co foco na Festa da Auga, pero tamén para reforzar as actuacións coordinadas fronte ás agresións a persoal sanitario.

Hospital do Salnés.
Hospital do Salnés.

Así as cousas, no marco desta reunión analizáronse os protocolos de actuación conxunta ante agresións ao persoal sanitario. Precisamente, en xullo o sindicato FTSP-USO denunciou o intento de agresión cun coitelo a un médico do Hospital do Salnés por parte dun paciente que esixía ser examinado. Ademais, o paciente esnaquizou "o que atopou ao seu paso" na zona de recepción de urxencias do complexo hospitalario.

O sindicato puxo de relevo que no momento do ocorrido "un único vixiante de seguridade estaba de servizo" e este, canda o resto do persoal, "só puido refuxiarse ata a chegada de varias patrullas dos Corpos de Seguridade do Estado".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta