Seguen os atrasos dos voos de Ryanair en Santiago por mor da folga

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 11/08/2022 | Actualizada ás 10:59

Comparte esta noticia

Un total de oito voos con destino ou saída do aeroporto de Santiago de Compostela sufriron atrasos este xoves pola folga de tripulantes de cabina de pasaxeiros (TCP) da compañía Ryanair, segundo informou o sindicato USO.

Protesta dos traballadores de Ryanair
Protesta dos traballadores de Ryanair | Fonte: Óscar do Pozo - Europa Press - Arquivo

En concreto, ata as 19,00 horas, catro voos con chegada a Lavacolla e outros catro que partían do aeródromo compostelán foron atrasados a consecuencia dos paros. Con todo, ningún avión con procedencia ou destino Galicia foi cancelado.

A nivel estatal, rexistráronse dúas cancelacións, afectando todas elas o aeroporto do Prat en Barcelona, así como 168 atrasos.

USO e Sitcpla, sindicatos que representan a tripulantes de cabina de Ryanair, convocaron unha folga na aeroliña desde este 8 de agosto e ata o 7 de xaneiro de 2023, ambos os dous incluídos.

A nova folga consta de xornadas de paros de 24 horas todas as semanas de luns a xoves. Os sindicatos sinalaron que Ryanair non mostrou "o máis mínimo intento de achegamento" con eles, senón que manifestou publicamente a súa negativa a establecer calquera diálogo cos representantes elixidos polos seus tripulantes.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta