Ecoloxistas critican ao Concello de Vilagarcía por fomentar o "malgasto" na Festa da Auga

Pregúntanse que autoridade moral terá o goberno local de Vilagarcía para demandar aos veciños medidas drásticas de aforro no consumo de auga se se prolonga a seca.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 11/08/2022 | Actualizada ás 11:03

Comparte esta noticia

Ecoloxistas en Acción Rías Baixas denunciou que o goberno local que Vilagarcía fomente o "malgasto" de auga na Festa da auga da localidade pontevedresa a pesar da alerta de seca que sofre Galicia e no medio dunha onda de incendios.

Nun comunicado, a organización criticou este comportamento, sinalando que non se trata dos litros de auga que se tirarán na celebración local, senón da mensaxe que se traslada á poboación de que "pode seguir esgotando recursos críticos, como a auga, sen que isto cause graves consecuencias".

Os ecoloxistas preguntáronse que autoridade moral terá o goberno local de Vilagarcía para demandar aos veciños medidas drásticas de aforro no consumo de auga se se prolonga a seca, cando eles organizan unha festa que a "malgasta".

Ademais, Ecoloxistas en Acción puxo o foco na falta de medidas para modernizar a rede de abastecemento "obsoleta" da que dispón Galicia, que provoca perdas de auga e culpa ao Goberno autonómico de non adoptar medidas para preservar as zonas húmidas e os acuíferos durante décadas.

"A organización ecoloxista solicita ao concello de Vilagarcía que rectifique e converta a festa da auga nunha oportunidade para concienciar aos veciños da importancia de facer un consumo responsable dun recurso cada vez máis crítico", sentenciou.

Festa da auga de Vilagarcía
Festa da auga de Vilagarcía | Fonte: Monbus.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta