Pantón corta a auga pola noite: "Hai quen fai un uso fraudulento"

O alcalde di que este municipio de 1.000 veciños rexistra consumos de 300.000 litros de noite. "É unha animalada", asegura.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/08/2022 | Actualizada ás 12:37

Comparte esta noticia

O Concello de de Pantón (Lugo) corta a subministración de auga desde as 00,00 e ata as 6,00 da mañá para facer fronte á seca, segundo confirmou o alcalde, José Luís Álvarez. Aínda que recoñeceu que a falta de auga afecta "a todos", no caso deste municipio da Ribeira Sacra con estas restricións "debería ser máis que suficiente" para a súa poboación.

Tal e como detallou o rexedor, este concello conta con cinco captacións que funcionan "sen problema". Con todo, Álvarez asegura que, á parte da seca, o que hai "é tamén un uso fraudulento, ou ben por avarías ou ben por cousas descoñecidas que fan que se consuma máis auga do normal".

E é que, a xuízo do alcalde de Ferreira de Pantón, "non" é "moi lóxico" que, cunha poboación duns 1.000 veciños, o consumo diario chegue a "un millón de litros", 300.000 só pola noite. "De doce a seis, que o consumo debería ser mínimo, pois a esa hora só consumirían as panadarías porque os bares están pechados, que se consuman 300.000 litros é unha animalada", lamenta.

Preguntado sobre se ten algunha sospeita por este gasto de auga, responde que "todos" teñen algunha, para seguidamente anticipar que o Concello "encargou facer un control exhaustivo, a través de contadores postos nas entradas das parroquias, para ver se ese consumo correspóndese cos contadores".

Auga da billa
Auga da billa | Fonte: Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta