Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/08/2022 | Actualizada ás 15:34
A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio de Laza --que se uniu nun único lume co de Chandrexa--, o principal que se atopa activo en Galicia, con 2.100 hectáreas arrasadas, está "practicamente perimetrado" e "evoluciona favorablemente cara á súa estabilización".
Así se recolle na última actualización de incendios, con datos das 13,30 horas, onde se observa que a superficie queimada nos principais lumes de Galicia mantense estable na mañá deste venres, sen incremento de terreo calcinado. Nas últimas horas, o incendio de Boiro, que queima 2.200 hectáreas, foi controlado. Fai xa máis dunha semana sen que aínda fose extinguido.
Tamén está controlado o de Carballeda de Valdeorras (Ourense), con 440 hectáreas, e o de San Xoán de Río, parroquia de Vilardá (20 hectáreas), mentres que o orixinado en Boborás (120 hectáreas) deuse xa por estabilizado. Ningún deles rexistra variacións en canto á superficie queimada nas últimas horas.
O do Irixo, pola súa banda, iniciado na parroquia de San Cosmede de Cusanca, continúa activo, con 680 hectáreas queimadas. Este xoves desactivouse a 'situación 2' no distrito forestal XI O Ribeiro-Arenteiro tras remitir o perigo para os núcleos de poboación.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.