Os fogares galegos aforraron 192 millóns en 2021 polas rebaixas fiscais en sucesións e transmisións patrimoniais

Por E.P. | Santiago de Compostela | 12/08/2022 | Actualizada ás 16:38

Comparte esta noticia

Os fogares galegos aforraron o ano pasado 191,97 millóns de euros, segundo a Xunta, debido ás rebaixas fiscais aprobadas polo Goberno galego no imposto sobre sucesións e doazóns e no de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados. Son 56 máis que en 2020, de acordo cos datos do Executivo.

Diñeiro
Diñeiro | Fonte: Europa Press

A axencia tributaria galega atendeu en 2021 un total de 281.490 contribuíntes. Do total, 154.907 de maneira presencial nos 47 puntos de información que a axencia ten distribuídos por toda Galicia, e aos 126.583 restantes prestóuselle asistencia por vía telefónica.

Neste marco, desde o mes de maio de 2021 os servizos que se prestaban mediante o sistema de cita previa completáronse coa posibilidade de solicitar unha cita para obter de maneira telefónica información tributaria xeral ou para a asistencia na confección en liña dos modelos. Este novo servizo permitiu atender durante o ano a máis de 4.900 persoas.

A partir dese mesmo mes, tamén se unificou a atención telefónica nun número único de información ao contribuínte. Desde a súa creación e ata o 31 de decembro do ano pasado atendéronse 68.939 chamadas.

Ademais, o ano pasado a axencia tributaria galega universalizou a posibilidade de que calquera cidadán puidese abonar en liña todos os ingresos xestionados por este organismo, para evitar os desprazamentos ás oficinas bancarias. Desde a súa implantación ata o pasado 30 de xuño efectuáronse 257.294 operacións.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta