As obras do hospital Gran Montecelo de Pontevedra aumentarán nun 60% as camas UCI

Por E.P. | Pontevedra | 12/08/2022 | Actualizada ás 17:51

Comparte esta noticia

O xerente da área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, José Flores Arias, visitou este venres as obras de execución do hospital público Gran Montecelo que, segundo sinalou, contará con espazos máis acolledores en áreas sensibles, como a de diálese, o hospital de día de oncoloxía, os coidados paliativos ou a zona materno-infantil.

Visita ás obras do Hospital Gran Montecelo de Pontevedra
Visita ás obras do Hospital Gran Montecelo de Pontevedra | Fonte: Xunta de Galicia.

Tal como informou a Xunta, estas obras permitirán un aumento do 92% nas salas e postos de urxencias, así como un 60% máis de camas na unidade de coidados intensivos (UCI) e un 49% máis de postos no hospital de día, incluíndo melloras na comodidade, na intimidade e nos espazos de esparexemento para pacientes e familiares.

Os responsables da execución da obra, a UTE Gran Montecelo --conformada polas empresas Ogmios, Pontes e Copasa-- expuxeron ao xerente da área Sanitaria as liñas arquitectónicas e os espazos do novo centro hospitalario pontevedrés, no que se contempla que case o 60% dos cuartos sexan individuais.

A execución das obras do hospital público Gran Montecelo que está a levar a cabo a Xunta, cuxa primeira fase conta cun investimento autonómico de 134 millóns de euros, consisten na construción dun novo edificio hospitalario cunha superficie de 92.000 metros cadrados distribuídos en 10 plantas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta