Estabilizado o lume de Castrelo de Val tras queimar 175 hectáreas

Galicia mantén nove incendios activos.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 14/08/2022 | Actualizada ás 10:44

Comparte esta noticia

A Consellería do Medio Rural deu por estabilizado --aínda sen controlar-- o incendio de Castrelo do Val despois de queimar unhas 175 hectáreas, segundo estimación provisional. Pasadas as 14,00 horas, Medio Rural informou desta estabilización de lume iniciado na parroquia de Campobecerros.

Un bombeiro traballa nun incendio
Un bombeiro traballa nun incendio | Fonte: Gustavo da Paz - Europa Press

O lume comezou na noite do pasado domingo en diferentes focos, polo que a Xunta indica que "todo apunta a que foi intencionado". Traballan na súa extinción, 10 motobombas, nove brigadas, tres pas e cinco axentes. Deste xeito, un total de nove incendios seguen en Galicia aínda sen extinguir na mañá deste luns, contando o de Castrelo. Este lume iniciouse na noite do pasado domingo en diferentes focos, polo que a Xunta indica que "todo apunta a que foi intencionado". Traballan na súa extinción, 10 motobombas, nove brigadas, tres pas e cinco axentes. Deste xeito, o nove incendios que se atopan sen extinguir en Galicia este luns superan as 3.700 hectáreas arrasadas.

Mentres, segue activo o lume de Laza, que tras unirse co de Chandrexa de Queixa, saldouse cunha superficie arrasada de 2.100 hectáreas, segundo as estimacións provisionais. Tamén activos na provincia de Ourense están os incendios dos concellos de Riós e Oímbra, cuxa superficie arrasada aumenta a 80 e 70 hectáreas, respectivamente. Medio Rural sostén que evolucionan "favorablemente" cara á súa estabilización.

Así mesmo, na provincia de Ourense permanecen controlados os incendios de Casaio, en Carballeda de Valdeorras, que queimou ao redor de 440 hectáreas; o de Astureses, en Boborás, cunhas 120 hectáreas calcinadas; o de San Cosmede de Cusanca, no Irixo, onde arderon unhas 680 hectáreas; e o do municipio da Gudiña, que se iniciou en Pentes, e que calcinou 90 hectáreas.

Xa na provincia de Lugo, permanece estabilizado o incendio iniciado a última hora da tarde do sábado na parroquia de Torbeo, no concello de Ribas de Sil, que queimou unhas 40 hectáreas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta