Galicia celebra a súa Diada en apoio á independencia de Cataluña

Un grupo de cidadáns crean unha V na Catedral de Santiago en apoio ao referendo catalán. Case dous millóns de cataláns saen as rúas en Barcelona para reclamar o seu dereito a votar libremente o vindeiro 9 de novembro.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 11/09/2014 | Actualizada ás 21:16

Comparte esta noticia

'Galiza con Catalunya. Pola democracia e o dereito a decidir’. Ese foi o lema que presidiu a cadea humana en forma de V que se realizou diante da Catedral de Santiago, na Praza da Quintana, en solidariedade e apoio ao proceso de independencia aberto en Cataluña. 

Manifestantes galegos diante da Catedral de Santiago en apoio ao proceso de referendo de Cataluña
Manifestantes galegos diante da Catedral de Santiago en apoio ao proceso de referendo de Cataluña | Fonte:

Os participantes, aredor dun cento, acudiron con bandeiras catalás e galegas e con faixas e camisolas de color vermello e amarelo –as cores da bandeira deste país-- para que a V tivera, precisamente, a cor da bandeira de Cataluña

A iniciativa foi convocada pola plataforma ‘Galiza con Catalunya’, que apoia e respalda o proceso aberto en Cataluña para a celebración dun referendum sobre a súa independencia. Deste xeito, esta entidade quixo apoiar aos cataláns na celebración do seu día nacional, a Diada

“Queremos transmitir a nosa solidariedade co pobo catalán e o noso apoio ante os problemas que interpón o Estado Español. En particular, manifestamos o noso apoio expreso á celebración da consulta de 9 de novembro e o noso rexeitamento á prohibición da voz do pobo”, recollía o manifesto da plataforma.

Precisamente, outra masiva manifestación, de case dous millóns de persoas, percorreu as rúas de Barcelona formando tamén unha V para reivindicar o dereito a votar o vindeiro 9 de novembro. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

3 Ronsel

¿Qué beneficios tería para a Galiza se houbera uma Catalunha independente?

2 Ana

Catalunya é unha nacion prospera, industrializada, progresista, orgullosa da sua identidade propia e con unha sociedade civil organizada na defensa dos seus intereses. Todo o contrario que Galiza donde temos unha poboacion envellecida, conservadora, desunida, xente que prefire emigrar que loitar polos seus dereitos ou xente que se avergonza de ser galego e desprecia a nosa lingua propia.

1 Pedro I

“Galicia” non celebra ningunha Diada. Son un cento de galegos, non Galicia.

1 lurpiam

mais dos q defendendiam ESPiNHA em tarragona. hahahahahah