Críticas á Deputación de Ourense por un novo "arboricidio": "Está esnaquizando o patrimonio"

Amigas das Árbores denuncia que a institución provincial "estraga" as árbores de máis valor.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/08/2022 | Actualizada ás 19:30

Comparte esta noticia

O colectivo Amigas das Árbores en Ourense, de resposta cidadá ante a aniquilación do arborado na cidade, veñen de denunciar unha nova corta de árbores, algunhas delas "centenarias", por parte da Deputación de Ourense, á que cualifican de "institución pública arboricida". 

Denuncian un novo arboricidio en Ourense
Denuncian un novo arboricidio en Ourense | Fonte: Amigas das Árbores

"Está estragando árbores na Vía XVIII, a vía histórica que comunicaba Braga con Astorga", indican na súa conta de Facebook. O colectivo denuncia que a Deputación de Ourense "desfai" a paisaxe con estes traballos, "estraga" as árbores de máis valor e "esnaquiza o patrimonio vivo".

Ademais, Amigas das Árbores alertas dos perigos que poden implicar estas cortas. "Cos decapitados e esgazamentos estase impulsando a propagación de pragas, fungos e enfermidades ao longo das súas zonas de actuación". "O concepto sustentabilidade aínda non calou neste organismo público", engaden.

Ante estes novos feitos, Amigas das Árbores urxe parar os arboricidios en Ourense e chama á poboación a "facer chegar as súas queixas e denuncias sobre estas desfeitas" para impulsar a reflexión das institucións públicas. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta