Falece unha muller tras precipitarse do paseo marítimo da Coruña

O corpo foi atopado na zona do Millenium.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/08/2022 | Actualizada ás 17:52

Comparte esta noticia

Servizos de emerxencia mobilizáronse este mércores para localizar a unha muller que se precipitou na zona do Millenium, na Coruña, e que foi achada pouco despois falecida. Segundo fontes consultadas por Europa Press, o aviso recibiuse ao redor das 15,45 horas e ao lugar desprazáronse efectivos dos Bombeiros da Coruña e de Salvamento Marítimo.

Tamén o fixeron, por terra, socorristas e axentes do Corpo Nacional de Policía e da Policía Local. Finalmente, localizouse falecida á muller.

Unha muller no paseo marítimo da Coruña coa praia do Orzán de fondo
Unha muller no paseo marítimo da Coruña coa praia do Orzán de fondo | Fonte: M. Dylan - Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta