A CIG tacha de "gran fracaso" a lei de impulso demográfico do PP

"O problema non é que as mulleres queiramos ter fillos ou non. O problema é que sen traballo e condicións laborais dignas, nin querendo poderiamos", avisa.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/08/2022 | Actualizada ás 18:46

Comparte esta noticia

A CIG subliña que os datos sobre natalidade do Instituto Nacional de Estatística (INE) "confirman" e "veñen demostrar" que a lei de impulso demográfico que aprobou o Parlamento galego cos votos do PP é un "gran fracaso".

A través dun comunicado de prensa, a secretaria de mulleres da central, Nicolasa Castro, advirte de que desde a súa aprobación a situación "non só non mellorou senón que empeorou".

Castro critica que a norma "apenas" recolle medidas concretas e "non incide nas causas" que provocan o declive demográfico, como desemprego, precariedade, desmantelamento industrial e despoboamento do rural. "O problema non é que as mulleres queiramos ter fillos ou non. O problema é que sen traballo e condicións laborais dignas, nin querendo poderiamos", avisa.

Ademais, "as administracións seguen desentendéndose das prestacións dos servizos de coidados con garantías para traballadoras e usuarios", censura. Estas "carencias" de servizos sociais públicos provocan, segundo argumenta, que os coidados "sigan recaendo maioritariamente nas mulleres".

Unha nai co seu bebé
Unha nai co seu bebé | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Era visto... como tamén era visto que nin CIG nin BNG queren saber deste Plan de Recuperación de Galicia (non vaia ser ca mestizaxe nos faga perder rasgos nacionalistas) ? http://gamela00.blogspot.com/2020/1... O caso é que se non tomamos algunha decisión Galicia morrerá de vella !