A sinistralidade laboral aumenta en Galicia, coa maior incidencia de accidentes mortais

UGT reclama un plan de choque e reformar a lei de prevención para adaptala ás novas realidades.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/08/2022 | Actualizada ás 13:06

Comparte esta noticia

UGT reclama un plan de choque ante o incremento da sinistralidade laboral, que cifra en máis do 18% en Galicia no último ano e no 24,6% no primeiros seis meses de 2022. Á luz dos datos, o sindicato considera que "chegou o momento de reformar a lei de prevención para adaptala ás novas realidades".

De acordo cos datos que achega UGT, nos seis primeiros meses do ano, Galicia é a que maior índice de incidencia de accidentes mortais rexistra. Por iso, subliña que "hai que atallar xa os accidentes laborais", unha das "grandes secuelas" do mercado laboral de Galicia. "É evidente que algo está a fallar, polo que urxe extremar a vixilancia para que se cumpra a lei", incide.

En 2021 rexistráronse 26.402 accidentes laborais en Galicia, un 18,3% máis, dos que 25.939 foron de carácter leve, 415 graves e 48 mortais. Por sectores, servizos é o que máis sinistros rexistrou, 13.430; seguido da industria, 6.689; construción, 4.205; agricultura, 1.337; e pesca, 741.

Por provincias, A Coruña é a que máis accidentes contabilizou, 11.733 e 22 mortais. Pontevedra 8.941 e 15 mortais, Lugo 2.965 e cinco falecidos e Ourense 2.763 e seis persoas mortas durante a súa xornada laboral.

Construción.. XUNTA
Construción.. XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta