A Xunta nega o peche de unidades educativas e afirma que é un "axuste en base á demografía" que "se fai todos os anos"

"Nalgúns sitios suprímense unidades e noutros se amplían", defende o conselleiro de Educación.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 19/08/2022 | Actualizada ás 16:15

Comparte esta noticia

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidade, Román Rodríguez, asegurou este venres que o peche de unidades educativas denunciado por BNG e sindicatos "non ten nada que ver coa realidade" e que se trata dun "axuste en base á demografía" que "se fai todos os anos".

Mesas e cadeiras recollidas nunha aula
Mesas e cadeiras recollidas nunha aula | Fonte: Iván Terrón - Europa Press - Arquivo.

"É un clásico, sempre escoitamos datos alarmantes que logo non se cumpren. A oposición e algúns sindicatos din que vai baixar a calidade, e con todo, sobe", defendeu o conselleiro.

Sobre isto, Román Rodríguez fixo referencia ao último informe PISA onde, "no índice con todos os datos agregados", Galicia é a comunidade mellor situada.

"O que se fai todos os anos é un axuste. Nalgúns sitios suprímense unidades e noutros se amplían. Estamos a falar de que neste curso hai 7.600 alumnos menos entre infantil e primaria, e ante unha situación así, o que fai unha administración responsable, que xestiona recursos públicos, é buscar acomodo segundo a situación demográfica", explica

Cando se pechen os procesos, continúa o conselleiro, verase que, por exemplo, hai máis unidades de infantil e primaria que no ano anterior á pandemia. "Son 130 e pico unidades máis tendo practicamente 15.000 alumnos menos", insiste.

"Estamos adoitados a este discurso e ao final a realidade sempre se impón e pon a cada un no seu sitio", aseverou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta