Así inauguraba Franco as instalacións "modélicas" do Hospital da Coruña hai 50 anos

O CHUAC naceu, co nome de Juan Canalejo, no ano 1972.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/08/2022 | Actualizada ás 10:55

Comparte esta noticia

Así foi como o ditador Francisco Franco inaugurou as instalacións do Hospital da Coruña, daquela chamado Juan Canalejo, hai 50 anos. As imaxes correspóndense co NO-DO, o noticieiro do réxime franquista. 

Franco na inauguración do Hospital da Coruña
Franco na inauguración do Hospital da Coruña | Fonte: arquivo

O CHUAC FAI 50 ANOS

O Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC) está de aniversario. Alá polo 1972 nacía na cidade herculina o chamado daquela Juan Canalejo, que supuxo a posta en marcha da primeira residencia sanitaria de Galicia e que explorou e aplicou novos métodos que hoxe seguen sendo claves.

Nestes 50 anos de vida, o CHUAC foi protagonista de importantes fitos para a súa historia, como o primeiro transplante de riñón a nivel galego no 1981, a creación dun Banco de Pel no Materno no 1988, o primeiro transplante cardíaco no 1991 ou o de medula ósea no 1992. No 2015 o hospital alcanzou xa as 5.000 vidas rescatadas. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta