Esnaquizan unha exposición feminista sobre saúde mental en Vilagarcía de Arousa

A mostra sufriu ataques en dúas ocasións.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/08/2022 | Actualizada ás 19:07

Comparte esta noticia

A exposición feminista sobre saúde mental que se exhibe nas rúas de Vilagarcía de Arousa desde o pasado sábado sufriu uns actos vandálicos que provocaron desfeitas en varios paneis da mostra. Segundo informou o colectivo feminista O Soño de Lilith a través das súas redes sociais, os feitos foron denunciados ante a Policía Nacional, que abriu unha investigación sobre os feitos.

Unha exposición feminista sobre saúde mental aparece vandalizada en Vilagarcía de Arousa
Unha exposición feminista sobre saúde mental aparece vandalizada en Vilagarcía de Arousa | Fonte: O Soño de Lilith

Os primeiros actos vandálicos producíronse na madrugada do luns. Tras iso, varias voluntarias achegáronse para reparar e volver levantar os paneis esnaquizados. Horas máis tarde, na noite do martes, a exposición volveu ser atacada.

A mostra foi inaugurada na xornada do sábado e aborda a situación da saúde mental desde unha perspectiva de xénero. Forma parte da programación de Festivala: Mulleres Creando, un certame que terá lugar este fin de semana na localidade arousá.

O Concello de Vilagarcía mostrou a súa condena polos actos, que atribúe a un ataque ao colectivo feminista O Soño de Lilith. "A acción non representa o espírito aberto e a tolerancia que caracteriza a inmensa maioría dos vilagarciáns e vilagarciás", resalta o goberno local, que convida a participar nas actividades programadas para os próximos días.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta