Os concellos galegos decláranlle a guerra ás fugas de auga ante a ameaza por seca

Duplícanse as axudas para rematar con estas fendas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/08/2022 | Actualizada ás 16:48

Comparte esta noticia

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, publicou no Diario Oficial de Galicia (DOG) deste mércores a ampliación en 300.000 euros do crédito de axudas aos concellos galegos para identificar e erradicar as fugas de auga nas redes municipais de abastecemento, que finalmente terán un orzamento total de 600.000 euros.

Unha vez finalizado o prazo de solicitude o pasado 8 de agosto, os 83 solicitantes acabaron o crédito previsto --que roldaba os 300.000 euros--, polo que o Goberno galego decidiu ampliar o investimento para que todas as entidades locais que solicitaron a axuda poidan acceder a ela.

Trátanse das primeiras axudas deste tipo convocadas pola Administración autonómica destinadas a minimizar as perdas de auga e dirixidas aos concellos responsables dos sistemas de abastecemento cunha poboación igual ou inferior aos 50.000 habitantes. Das 83 solicitudes presentadas, 29 proceden de concellos de menos de 2.000 habitantes, 25 daqueles cunha poboación de ata 5.000, 17 de entidades locais de ata 10.000 habitantes, sete de municipios de ata 20.000 e cinco concellos de ata 50.000 habitantes.

A contía total distribuirase entre os solicitantes de acordo coa poboación do municipio, de forma que se reservará o 55% do importe aos concellos de ata 5.000 habitantes. Desta forma, o 30% do orzamento total se reserva para os municipios de menos de 2.000 habitantes, o 25% para os de ata 5.000, o 20% para os de ata 10.000 habitantes, o 15% para os de ata 20.000 e o 10% para os concellos de ata 50.000 habitantes.

Caudal do río Tambre ao seu paso por Ponte Maceira, en Negrerira / Concello de Ames. / Europa Press
Caudal do río Tambre ao seu paso por Ponte Maceira, en Negrerira / Concello de Ames. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta