Saen á venda outras mil entradas para ver a Manu Chao na Coruña

A oferta ampliarase este xoves ante o aluvión de demandas.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 24/08/2022 | Actualizada ás 17:50

Comparte esta noticia

Este xoves ponse á venda mil novas entradas para o concerto que Manu Chao ofrecerá na Coruña e co que se pecharán as festas de María Pita. Farase, segundo informa o goberno local, despois de que as 2.000 entradas da capacidade inicial se esgotaran en apenas media hora.

E é que a demanda para presenciar a actuación de Manu Chao o luns, día 29, levou ao Concello a ampliar a capacidade e ofertar un 50 por cento máis de entradas. A actuación terá lugar no Parque de Santa Margarita, ás 22,00 horas.

Manu Chao será o encargado de pechar as festas de María Pita, cun concerto en acústico no marco da súa xira galega, acompañado de Lucky Salvadori á guitarrita e Miguel Rumbao na percusión. A súa actuación será tras a tradicional romaría de Santa Margarita, do fin de semana.

Manu Chao. CONCELLO DA CORUÑA
Manu Chao. CONCELLO DA CORUÑA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta