Queres coñecer as previsións do tempo para o outono?

Choverá onde non chove habitualmente e a seca será persistente en lugares onde non é normal.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 25/08/2022 | Actualizada ás 10:25

Comparte esta noticia

O 1 de setembro dará comezo o outono climatolóxico con boa parte de Galicia sufrindo unha grave seca. A isto súmaselle a entrada na época de maior risco de choivas torrenciais. Segundo o modelo de Meteored, setembro será un mes máis cálido do normal, seguindo a tendencia dun verán que rexistrou altas marcas por altas temperaturas. 

Sol e calor
Sol e calor | Fonte: Xunta

En gran parte da Península e Baleares os rexistros poderían ser de entre 1 e 1,5 ºC por encima da media. Nos Pireneos e no extremo sur superarán en 0,5 ou 1 ºC a media destas datas. Tamén en Galicia os termómetros poderían oscilar en torno a 1º.

Con todo, espérase que as temperaturas tendan a normalizarse segundo vaia avanzando o outono. En outubro en moitas zonas poderían darse temperaturas de 0,5 a 1 ºC máis altas respecto dos valores habituais para a época, mentres que en novembro non se aprecian anomalías respecto á media deste mes.

O TEMPO EN SETEMBRO

En setembro prevese menos choiva do normal en boa parte de Galicia, mentres que haberá máis chuvascos no mediterráneo. De feito, en outubro e novembro poderíanse agudizar as diferenzas entre as vertentes atlántica e mediterránea. Na primeira, o resto do outono podería ser moito máis seco do normal, o que podería agravar a seca en zonas que están xa nunha situación complicada. Pola contra, outubro e novembro poderían ser máis chuviosos do normal en Cataluña, Baleares, Comunidade Valenciana, Rexión de Murcia e arredores.

Non se esperan moitas borrascas atlánticas este outono debido ás previsións de anticiclón que roldará os Azores e Centroeuropa, bloqueando a chegada das baixas presións. En cambio, si se intúe unha corrente en chorro ondulada que podería desencadear en vaguadas ou DANAs na Península, especialmente en zonas do Mediterráneo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta