O abono gratuíto para o tren xa se pode coller sen longas colas, di Renfe

A compañía ampliou con 50 persoas a súa dotación en Galicia ante a saturación da xornada inicial.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/08/2022 | Actualizada ás 16:37

Comparte esta noticia

O segundo día para facerse cos abonos gratuítos de Renfe para viaxeiros recorrentes transcorre con normalidade, segundo destacan fontes da operadora ferroviaria despois das colas que rexistraron este mércores varias estacións galegas.

"Durante o día de hoxe estase desenvolvendo con normalidade a venda e de momento non se produciron colas como as de onte, motivadas por ser o primeiro día de vendas", sinalan, antes de resaltar que a empresa pública puxo en marcha "unha operativa para ofrecer aos usuarios, dunha maneira rápida e sinxela, os novos abonos gratuítos".

A alta afluencia de viaxeiros nas estacións (sobre todo en Santiago, Vigo e A Coruña) para adquirir os seus abonos era, apuntan, "algo esperable ante unha medida de gratuidade como esta, que vai beneficiar a moitos clientes do tren nos seus desprazamentos do día a día, entre o 1 de setembro e o 31 de decembro de 2022, e vai incentivar o uso do tren noutros moitos viaxeiros que ata agora non o usaban para os seus desprazamentos".

Ante esteo, Renfe reivindica que contratou persoal novo para apoiar as tarefas do persoal de venda, informando os clientes en todas as estacións. En total, en Galicia reforzouse o servizo con 50 traballadores extra, segundo os seus números.

Varias persoas fan cola para adquirir un abono gratuíto na estación de trens, a 24  de agosto de 2022, en Santiago de Compostela, A Coruña, Galicia, (España). Os usuarios de Renfe en Galicia poden adquirir desde hoxe os abonos gratuítos. O Gobie. César Arxina - Europa Press
Varias persoas fan cola para adquirir un abono gratuíto na estación de trens, a 24 de agosto de 2022, en Santiago de Compostela, A Coruña, Galicia, (España). Os usuarios de Renfe en Galicia poden adquirir desde hoxe os abonos gratuítos. O Gobie. César Arxina - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta