A mellor praia de Galicia... máis alá de Rodas

Unha web de turismo pon cifras ao segundo areal máis valorado da Comunidade.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/08/2022 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

As praias galegas volven trunfar. E iso que con case 8.000 km de praia, España é un dos principais paraísos para os amantes do turismo desta natureza. Haber hainas e para todos os gustos: desde urbanas con todos os servizos que se poidan precisar, ata calas virxes e escondidas que só uns poucos privilexiados coñecen.

Praia de Carnota co Pindo ao fondo
Praia de Carnota co Pindo ao fondo | Fonte: Turgalicia

 

E entre elas, dúas praias galegas fixéronse un lugar este ano nesta clasificación. Así pois, para que poidas planificar as vacacións facilmente, desvelámosche a clasificación anual definitiva das mellores praias de España, elaborado por Holidu, o buscador de alugueiros vacacionais.

 

A primeira é, como non podía ser doutro xeito, a praia de Rodas, gañadora do título de "praia máis fermosa do mundo" en 2007: un areal virxe nas famosas Illas Cíes que se configura  o sitio ideal para darse un baño nunha contorna natural privilexiada. E é que as Cíes, situadas fronte á costa de Vigo, son famosas por albergar unha paisaxe natural preciosa, con augas cristalinas e unha natureza salvaxe. Iso si: vese que cando os británicos do The Guardian a galardonaron fixérono a partir das fotografías: a temperatura da auga aconsella o baño só aos máis afoutos. 

 

Alén da praia de Rodas, esta web de turismo destaca no caso galego a inmensísima praia de Carnota, un areal de 7 quilómetros de lonxitude situado no concello homónimo que ten moitos pequenos paraísos no seu interior. Para quen non se atreva coas fortes ondas que adoitan bater na súa liña co mar sempre están ben as tradicionais 'charcas', máis preto da zona habilitada para comer a tortilla de tupper. En conclusión, que aínda queda verán para outro baño. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta