Propietarios de vivendas turísticas de Santiago denuncian o "acoso" de Bugallo

Piden unha reunión con Formoso para debater a problemática.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/08/2022 | Actualizada ás 18:38

Comparte esta noticia

Propietarios de Vivendas de Uso Turístico de Santiago solicitaron unha "entrevista urxente" co secretario xeral do PSdeG-PSOE, Valentín González Formoso, para expor "a situación de acoso" ao que, denuncian, están a ser sometidos por parte do grupo socialista do goberno de Compostela, encabezado polo alcalde, Xosé Sánchez Bugallo.

Neste sentido, os propietarios expoñen que "noutros concellos de cidades galegas con gobernos socialistas e parecida oferta turística non se están dando este tipo de actuacións intimidatorias", para as que se "utilizan uns servizos xurídicos que se pagancon os impostos".

Como resposta ás acusacións do consistorio compostelán, os propietarios de vivendas de uso turístico remitíronse a un documento do Ministerio de Facenda que exclúe da industria hoteleira a estas vivendas. "Os propietarios de vivendas de uso turístico non recibiron nin solicitaron compensación económica algunha polos prexuízos ocasionados pola pandemia e isto foi así porque non consideran este tipo de aluguer como actividade económica", lembran.

O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, durante unha entrevista con Europa Press, no Palacio de Raxoi, sede do concello de Santiago, a 23 de maio de 2022, en Santiago de Compostela
O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, durante unha entrevista con Europa Press, no Palacio de Raxoi, sede do concello de Santiago, a 23 de maio de 2022, en Santiago de Compostela | Fonte: César Argina - Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta