A Xunta advirte aos concellos por "fugas de auga do 40%" nunha seca que é "alarmante"

Di que a situación "é grave".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/08/2022 | Actualizada ás 11:01

Comparte esta noticia

O Goberno galego fixo un chamamento á poboación para que se comprometan co consumo responsable de auga ante un episodio de seca que pon en risco o abastecemento. "A situación é grave", manifestou este sábado a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, nunha entrevista na Televisión de Galicia.

"Hai que ser conscientes de que hai que facer un consumo moi racional para poder chegar ao final de verán e a outubro evitando as restricións", aseverou Vázquez. Neste sentido, ademais de apelar á cidadanía a que se conciencie sobre a importancia de aforrar auga, sinalou aos concellos como os responsables de garantir o abastecemento á poboación en virtude das súas competencias.

"Os datos son alarmantes nas redes de auga municiapais, onde as fugas están en torno ao 40%", incidiu Ethel Vázquez, quen indicou que as zonas que máis preocupan son a conca do Lérez, a do Anllóns, a do río Grande, a do Tambre e a área de Vigo.

Restos do núcleo urbano que quedo alagado cando se construíu a presa, a 26 de agosto de 2022, en Negueira de Muñiz
Restos do núcleo urbano que quedo alagado cando se construíu a presa, a 26 de agosto de 2022, en Negueira de Muñiz | Fonte: Carlos Castro - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta