Bentley, Mercedes, Rolls Royce... os mellores coches clásicos danse cita en Pontevedra

A cidade do Lérez acolle unha cita imperdible para os amantes destas vellas glorias.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/08/2022 | Actualizada ás 15:30

Comparte esta noticia

Esas vellas máquinas dos primeiros anos da automoción: os Bentley, os Rolls Royce, algún Mercedes... animais da estrada que xa non son antigos senón, directamente, clásicos. Todos eles estarán en Pontevedra o vindeiro domingo 11 de setembro como parte da IV Concentración de Vehículos Clásicos e Antigos 'Cidade de Pontevedra', organizada polo club de Amigos dos Vehículos Antigos (AVA) en colaboración coa Concellería de Deportes.

Coche histórico
Coche histórico | Fonte: pxhere

O evento, explican dende a organización dará comezo ás 10:00 horas na Praza de España (diante do Consistorio), onde os automóbiles irán chegando ata as 11:00 horas, momento no que un primeiro grupo de participantes realizará unha visita guiada polo Museo, visitando a exposición 'Ruth Matilda Anderson. Unha viaxe pola indumentaria tradicional de Galicia' (un segundo grupo farao ás 12:15 horas).

O programa proseguirá ás 15:00 horas cunha comida de confraternización que terá lugar no restaurante Casa Digna (na Praza do Gremio de Mareantes), finalizando a concentración ás 19:30 horas e retirándose os coches da Praza de España antes das 20:00 horas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta