Rueda asegura que a Xunta mantén "practicamente o mesmo número de profesores" nas escolas

Contrasta coas denuncias de recortes feitas polos sindicatos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/08/2022 | Actualizada ás 14:31

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, manifestou que espera que os "prexuízos" que considera que leva a aplicación da nova lei educativa estatal "sexan os mínimos" no inicio dun novo curso que agarda "máis sinxelo" que os dous últimos, marcados pola incidencia da pandemia.

Así o expresou, a preguntas dos medios este martes en Palas de Rei, onde o mandatario autonómico incidiu en que a Xunta non está "de acordo" coa reforma educativa do Goberno central que entra en vigor este curso. Neste sentido, sinalou que confían nos "prexuízos" desta nova lei "sexan os mínimos" no arranque do curso, o primeiro tras dous anos de crise sanitaria no que "a pandemia non o vai a condicionar todo".

"Esperamos que todo sexa máis sinxelo desde ese punto de vista. A pesar do problema demográfico que fixo que baixase o número de alumnos, mantense practicamente o mesmo número de profesores. É un esforzo da Xuna que merecen os alumnos, os docentes e os pais", expresou Rueda.

Así as cousas, subliñou o seu desexo de que o inicio do curso que terá lugar a próxima semana sexa "máis sinxelo" que os dous anteriores, aínda que recoñeceu que o contexto económico dificulta este proceso para as familias. "Somos conscientes das dificutlades da crise económica na que estamos e da inflación, que fai todo máis difícil. Por iso imos aumentar un 50% as axudas á adquisición de libros e de material", engadiu.

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, durante unha entrevista para Europa Press, no seu despacho de San Caetano,  Xunta de Galicia, a 5 de agosto de 2022, en Santiago de Compostela, A Coruña, Galicia (España). Alfonso Rueda é o presidente d. Álvaro Ballesteros - Europa Press
O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, durante unha entrevista para Europa Press, no seu despacho de San Caetano, Xunta de Galicia, a 5 de agosto de 2022, en Santiago de Compostela, A Coruña, Galicia (España). Alfonso Rueda é o presidente d. Álvaro Ballesteros - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta