Rueda ve en Galicia un bo destino turístico para "fuxir da masificación"

O presidente celebra os datos colleitados ao longo deste verán.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/08/2022 | Actualizada ás 14:49

Comparte esta noticia

Unha vez máis, o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, celebrou os datos turísticos que deixa a tempada estival en Galicia e está convencido de que a tendencia se manterá nos próximos meses para pechar o ano con cifras "fantásticas".

Así o manifestou en declaracións aos medios en Palas de Rei este martes, un día despois da entrega da 'compostela' número 300.000 do ano. Tras visitar as renovadas instalacións do albergue de peregrinos da localidade lucense, Rueda mostrou a súa satisfacción polas cifras do verán en Galicia, que considera "froito do traballo" realizado durante a pandemia "pensando que cando terminase, a xente ía buscar un turismo acougado, fuxir da masificación".

Á espera dos datos oficiais do mes de agosto, Rueda ha auguardo que serán "fantásticos, con niveis de ocupación moi altos" e que manteñen a tendencia dun mes de xullo no que Galicia foi a segunda comunidade autónoma do Estado onde máis creceu o turismo, só superada por Murcia.

Así as cousas, cre que as expectativas "son boísimas" para o que resta de tempada estival e de ano dada a "recuperación" do turismo internacional, pois conlleverá a chegada do "peregrino asiático" que adoita facer o Camiño fóra dos meses de verán.

"Agora que entra o Bono Turístico a partir de 15 de setembro , cos bos meses que quedan ao Camiño, unido ao turismo interior, vai facer que finalicemos o 2022 con cifras fantásticas", expresou.

Varios peregrinos camiñan coa súa bicicleta pola Rúa do Franco de Santiago. César Arxina - Europa Press
Varios peregrinos camiñan coa súa bicicleta pola Rúa do Franco de Santiago. César Arxina - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta