O parque empresarial galego volve a niveis prepandemia

Galicia apártase do caso español e crea 8.100 empregos a tempo parcial e 20.400 a tempo completo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/08/2022 | Actualizada ás 10:33

Comparte esta noticia

O parque empresarial galego creceu un 2,1%, tres décimas menos que a media estatal, segundo un informe da compañía de recursos humanos Adecco.

Agora cóntanse 30,3 empresas por cada milleiro de habitantes en Galicia, que é o seu maior rexistro desde marzo de 2020. Ademais, é o quinto parque empresarial máis grande do país en relación coa súa poboación.

No conxunto estatal, tras as caídas durante 2020 e a primeira metade de 2021, o parque empresarial español comezou a recuperarse. No segundo trimestre de 2022, o número de empresas en relación coa poboación aumentou un 2,4% interanual.

Así, esta variable chegou ata 29 firmas cada mil habitantes, o que implica non recuperar aínda os niveis que había previos á pandemia. As actuais 29 empresas por milleiro de habitantes son un número inferior aos que había en 2018 e 2019, e tamén, menor que calquera dos datos rexistrados nos anos que van do 2000 ao 2011.

Baleares (+5,9%), Cantabria (+3%) e Estremadura (+2,8%) son as que presentan os maiores incrementos interanuais. En cambio, o País Vasco (+0,9%) e A Rioxa (+0,6%) caracterízanse por ser as únicas onde o parque empresarial crece a un ritmo anual inferior ao 1%.

As empresas galegas superan a media estatal en utilización de tecnoloxías innovadoras como a Intelixencia Artificial.. ANA VARELA - Arquivo / Europa Press / Europa Press
As empresas galegas superan a media estatal en utilización de tecnoloxías innovadoras como a Intelixencia Artificial.. ANA VARELA - Arquivo / Europa Press / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta