Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/09/2022 | Actualizada ás 13:06
A viceportavoz do PSdeG no Parlamento galego, Leticia Gallego, reclamou á Xunta que poña en marcha un plan contra a seca con financiamento "suficiente" en vez "botar balóns fóra" cara aos concellos.
En rolda de prensa en Santiago, a deputada socialista demandou á Xunta "solucións", máis aló de recomendacións, cun "plan que realmente diga o que hai que facer", así como un mapa coa capacidade de recursos hídricos. Apunta que o problema da seca "non vén de agora" e xa sucedeu en 2013 e 2017, pero "a Xunta non deu ningunha solución" nos 13 anos de goberno do PPdeG.
Remarca que as competencias nesta materia "son da Xunta", polo que lamenta que "non serve de nada mandar simplemente cartas" aos municipios. "Xa está ben de recomendacións, queremos solucións con contido, calado e financiamento", sentenciou Leticia Gallego. Censura como insuficientes os 600.000 euros anunciados polo Goberno galego para erradicar fugas de auga, posto que tan só tocaría "1.900 euros por concello". "Isto é unha broma, non?", preguntouse.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.