Pontón tras as negociacións de PPdeG e PSdG en Ourense: "Estamos a ver que é o peor da política"

Augura que "a moción de censura" en Ourense "será o 28 de maio" cando haxa eleccións.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 01/09/2022 | Actualizada ás 17:14

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, lamentou que a situación que vive a gobernabilidade do Concello de Ourense e manifestou que "a moción de censura será o 28 de maio", nas próximas eleccións municipais.

"Xa está ben de xerar falsas expectativas e de facer o peor da política. Está a provocar que moitas persoas se afasten deste ámbito ao percibir negociacións escuras", sostivo Pontón, en declaracións aos medios, durante unha visita á cidade das Burgas.

Así, dixo que o BNG "ten claro" que "a moción de censura será o 28 de maio cando se convoquen as eleccións". Así dixo que a formación traballa para que haxa un novo goberno liderado polo BNG: "porque é a única solución, porque o resto estamos a ver que é o peor da política".

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón | Fonte: BNG.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Gamela

O peor da política queda un chisco máis arriba... https://twitter.com/00Memoria/statu... Chegará o abrazo do oso entre PSdG e BNG !

1 Josiño

Por fin alguén con cordura fala en Ourense. O 28 de maio podemos ter un goberno en Ourense libre da "Dinastía Baltar", da "Bricadeira Jácome" e da "indecisión Vilariño". Aproveitemos esta oportunidade.