Denuncian que a Xunta "beneficia" a concertada nas axudas a alumnado con necesidades específicas

A CIG esixe á Consellería de Educación que "cambie a actitude de recortes continuos" de persoal específico de anteción á diversidade.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/09/2022 | Actualizada ás 10:37

Comparte esta noticia

A CIG-Ensino denunciou que "un ano máis" a Consellería de Educación "beneficia" os centros concertados por diante dos públicos ao destinar, nunha convocatoria específica, unha partida de 450.000 euros para a atención do alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo (NEAE), "con maior porcentaxe nos centros públicos".

A orde foi publicada este xoves no Diario Oficial de Galicia e ten como obxectivo a contratación de persoal, que segundo sinalou o sindicato, "non existe no ensino público e cada vez hai máis demanda desde os centros", en referencia a persoal de psicoloxía, pedagoxía, traballo social, educación social ou terapia ocupacional. 

Nun comunicado, a CIG-Ensino indicou que o resto de axudas están dirixidas ás reparacións, mantemento e obras ou instalacións, así como para comprar material específico ordinario inventariabe e non inventariable. As axudas foron destinadas a Infantil, Primaria, Secundaria e Formación Profesional Básica.

Nesta liña, o sindicato esixe á Xunta que "cambie a actitude de recortes continuos de persoal específico de atención á diversidade", en referencia ao equipo de Orientación e especialistas de Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe; facilite desdobres mediante a contratación de profesorado, e que teña en conta a diversidade que hai nas aulas, con especial atención para os efectos da estabilidade emocional do alumnado despois dos últimos cursos de pandemia.

Alumnado nun centro escolar. XUNTA DE GALICIA - Arquivo
Alumnado nun centro escolar. XUNTA DE GALICIA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta